Somos a única empresa en
Galicia que ostenta a máxima
categoría como viveiro
produtor de sementes
Somos produtores mantedores, a única empresa en Galicia que ostenta esa máxima categoría como Viveiro Produtor de Sementes.
Contamos con laboratorio propio, o que nos permite garantir a sanidade, pureza e identidade varietal das nosas sementes. Garantimos tamén o máximo control da rastrexabilidade.
As variedades locais se caracterizan pola súa rusticidades e adaptabilidade. O seu cultivo adaptase moito mellor a sistemas de produción sostible de calidade diferenciada, sendo menos dependentes de aportes agroquímicos. A conservación da diversidades xenética vexetal é fundamental tamén para afrontar os riscos do cambio climático, algo clave para garantir a seguridade alimentaria.
Recuperamos os aromas e sabores presentes nas variedades antigas, participando en proxectos de conservación, selección e mellora das mesmas, sen condicionar seus atributos e cualidades organolépticas.
A mellora xenética convencional foi dirixida ao rendemento, a conseguir variedades mais productivas e uniformes. Isto supuxo en moitos casos unha perda de calidade nutricional e sensorial dos produtos vexetais. Desde Sementares apostamos por recuperar un produto de calidade, priorizando características como o valor nutricional.