Servizos

Análise de sementes

Sementares participa en proxectos de Investigación a nivel autonómico, nacional e internacional, colaborando con diversas entidades, co obxectivo de desenvolver, promocionar e poñer en valor novos produtos e servizos.

En colaboración co Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e a Misión Biolóxica de Galicia, estamos a desenvolver un proxecto de variedades autóctonas como Alimentos Funcionais a partir de cultivos sostibles. Neste proxecto exponse parcelas experimentais para comparar as variedades tradicionais de trigo, grelo, repolo, xudía e millo autóctonos, fronte a outras variedades comerciais ou híbridas de cultivo xeneralizado, co obxectivo de confirmar as vantaxes que as variedades tradicionais presentan en características organolépticas e nutricionais con respecto ás comerciais e/o híbridas de consumo habitual.

Tamén estamos a colaborar con Centros de Investigación de Referencia de Países como: Francia, Italia, Grecia, Alxeria, Marrocos ou Exipto en deseñar estratéxias de resilencia de cereais e derivados nos países MENA, Cerealliance. Neste proxecto buscamos achegar solucións e mellora da produtividade dos cultivos de cereal (trigo, cebada e millo), coa identificación das variedades máis axeitadas e o desenvolvemento de novos produtos locais e ingredientes funcionais de alto valor engadido. O obxectivo é promover solucións de xestión agronómica e dixitais que permitan aumentar a resiliencia ambiental da produción cerealística nos países da área mediterránea

Investigación e asesoramento técnico

Sementares conta con persoal propio con experiencia dilatada en cultivos agrícolas hortícolas e extensivos. A empresa pode facilitar asesoramento en termos de:

:: Elección de variedades.

:: Labra.

:: Fertilización.

:: Sistemas de sementa e plantación.

:: Control integrado de pragas e enfermidades.

:: Control de calidade.

Plans de mellora xenética clásica

As variedades tradicionais se caracterizan pola súa rusticidade e adaptabilidade ó medio. Porén carecen de certos xenes de resistencia a enfermedades que foron aparecendo e diseminándose por zonas nas que non estaban presentes inicialmente. Mediante a mellora xenética clásica efectúanse unhos cruzamentos das variedades locais con outras variedades donadoras de xenes de resistencia. O resultado son plantas que se retrocruzan coa variedade local repetidas ocasións para conseguir un 99% da xenética da variedade tradicional cos xenes de resistencia obxectivo. Este minucioso proceso efectúase sen condicionar os atributos nutricionais e organolépticos característicos.

Sementares colabora cos mellores investigadores a nivel autonómico e nacional, e ten como obxectivo poñer a disposición dos agricultores as mellores variedades galegas cos xenes de resistencia a virus e enfermidades do solo a través dun proceso de mellora xenética clásica.

Sistemas de Saneamento vexetal

Sementares ten implementado un sistema de saneamento de sementes a través de Termoterapia en seco. A termoterapia en seco é unha ferramenta de probada eficacia para a eliminación de axentes patóxenos de potencial transmisión a través da semente (virus, fungos, bacterias…). Esta ferramenta complementa un sistema de produción riguroso, que parte dun material inicial certificado e, tódalas medidas preventivas destinadas a conseguir unha semente coas mellores garantías de pureza, sanidade, vigor e taxa xerminativa.

Consúltanos calquera dúbida sobre como podemos axudarche correo de sementares