Selo sementares variedades autóctonas

Sementares é un empresa produtora de sementes que ten como obxectivo principal a conservación, selección e mellora das variedades tradicionais galegas.

Buscamos poñer en valor o cultivo de variedades locais de maior rusticidade e mais adaptadas o medio. Fomentamos sistemas agrícolas sostibles, apoiando a economía local e impulsando a produción de alimentos de calidade.


laboratorio_03.1-1

Contamos con laboratorio propio que nos permite garantir a sanidade, pureza e identidade varietal das nosas sementes. Garantimos tamén o máximo control da súa rastrexabilidade.

Colaboramos cos mellores produtores galegos, producindo máis de vinte variedades autóctonas rexistradas a partir do material parental conservado nos Bancos de Xermoplasma de Galicia.